Wednesday 15 de May de 2024

Concerto musical para nenos e nenas de ata 3 anos no local social municipal


A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy abre á participación veciñal o festival de fin de curso ‘O son que me arrola’, o cal terá lugar o 2 de xuño

O vindeiro xoves, 2 de xuño, os nenos e nenas de 0 a 3 anos que o desexen poderán participar no festival de fin de curso da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy (antigo Preescolar na Casa), o cal leva por título ‘O son que me arrola’. Este terá lugar ás 11 horas no local social municipal, situado na rúa reconciliación. As persoas que queiran participar teñen que anotarse chamando ao teléfono 686446838.

‘O son que me arrola’ vai dirixida ás familias con nenos e nenas entre os 0 e os 3 anos, aos nenos e nenas que están escolarizados nesta franxa de idade tanto nas escolas infantís como na etapa de educación infantil. A actividade terá dúas etapas, estando dedicada a primeira á escoita de música durante 20 minutos. Posteriormente permitirase aos menores a exploración dos instrumentos durante 1 hora.